Doncos

O pobo de Doncos en internet...

FAUNA

Nos nosos campos e prados atoparemos gando diverso, principalmente de raza rubia galega e tamén ovellas, aínda que cada vez menos abundantes. O que practicamente desapareceu na zona son os cabalos, dende o cabalo ata os amados e moi sufridos burros. Non obstante, os porcos, as galiñas e os polos de curral seguen a criar con toda a forza.


Máis adiante, con sorte, veremos algúns corzos, xabarís, raposos e outros poboadores menores como esquíos, xinetas, nutras, etc. e, nos seus ríos, deliciosa troita. A poboación de aves é abundante e moi diversa, con varias especies de aves rapaces, pegas, choias, cochosas, pombas, lavandeiras ou o humilde pardal... o desenvolvemento desta sección daría para un novo blog.

 

Etiquetas :

0 comentarios

Envía un comentario: