Doncos

O pobo de Doncos en internet...

San Antonio Abad

O 17 de xaneiro celébrase San Antonio Lacoeiro. O inverno non invita a moitas celebracións, pero a devoción da xente por San Antonio é algo que nace no máis profundo das súas crenzas. Ese día os cachorros lévanse para bendicilos na igrexa e pídese que non ocorra ningunha desgraza cos animais domésticos. A oración a Santo Antonio tamén servirá para recuperar a res perdida no monte.

San Antonio

Etiquetas :

0 comentarios

Envía un comentario: