Queimada
Para rematar calquera comida copiosa, nada mellor que unha boa queimada. O augardente débese traelo de fóra, pero a arte para facer unha boa "queimada" é algo innato para esta xente. E, como cada un funciona mellor que o veciño, só vou falar dun ingrediente, si, o fundamental:
CONXURO
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, píntigas e meigas, feitizos das manciñeiras.
Pobres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte; fouciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cús, muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porta da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das suas escobas, indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde! Os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente quedando así purificadas.
E cando este brebaxe baixe po las nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora, participen con nos desta queimada.
0 comentarios
Envía un comentario: