Doncos

O pobo de Doncos en internet...

D. Emilio Novoa González

Aínda que naceu en Ourense en 1895, procede dunha familia arraigada e estivo sempre moi ligado á vila ata a súa morte en 1972. Comezou a súa carreira como oficial no Corpo de Telégrafos, estudou na Escola Oficial de Telegrafía e licenciouse en Dereito, rematando a súa dilatada traxectoria profesional como director da Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Telecomunicación, ETSIT. Entre as súas moitas credenciais está o de Ingeniero Jefe el Cuerpo Superior de Telecomunicación, director da Escuela Técnica de Peritos de Telecomunicación, Director General de Correos y Telecomunicación, presidente da Asociación de Ingenieros de Telecomunicación e gobernador civil de Álava e A Coruña. Foi titular de diversas decoracións como a placa da Orden de la República, conselleiro honorario de Educación Nacional, Gran Cruz de la Orden del Mérito Civil e Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio.

D. Emilio Novoa coa súa irmá Regina

Etiquetas :

0 comentarios

Envía un comentario: