Doncos

O pobo de Doncos en internet...

O PAZO

O pazo de Doncos, situado no centro da cidade, é unha enorme edificio do século XIX, cun gusto neoclásico e un deseño manifestamente francés. Foi a casa do primeiro e único marqués de Villapún, José Bruno Antonio Francisco León Manuel Adonay Magdalena García de Vilouta, Santín e Valcarce, López Montenegro, Evia Miranda Sierra e Cienfuegos. Consta de dous chans e un soto quedando sen rematar na súa construción.

 

Ten unha capela, libre, do mesmo estilo arquitectónico, bendicida en outubro de 1840, dedicada a A Inmaculada.

 

Capela do pazo

 

Tamén consta dun pombal con planta circular fóra do recinto.

Pombal

 

Todo indica que a obra se encargou aos enxeñeiros que construíron o Camiño Real, cuxo director era Carlos Lemaur.

Sendo propietario José Bruno Magdalena, secretario da delegación española en Filadelfia (EUA), a súa casa foi saqueada e reducida a un cuartel de cabalería polos hostes de Napoleón.

Ultimamente foi restaurado fielmente e está en excelentes condicións grazas ao esforzo e interese do seu actual propietario.

Etiquetas :

0 comentarios

Envía un comentario: