Rutas turísticas

O castelo

    

      Podemos comezar por este paseo, non moi longo, onde a única pequena dificultade está na volta, case toda costa arriba.

 

     Comeza saíndo do pobo por onde entramos, pasando por baixo da autoestrada, logo cruzaremos a estrada e, a uns cincuenta metros máis abaixo sae un camiño que descende suavemente. Tomarémo-lo desvío que parte á dereita, baixando sempre cara ó río que xa divisaremos en ocasións, ata chegar ó muíño "da veiga", expoñente da sempre presente arquitectura popular e que sigue en funcionamento hoxe en día.

    

A presa e o portal de cabalerías

  

En perfecto funcionamiento

    
     O muíño merece unha atención detallada. En realidade trátase dunha aceña e así chamouse sempre. A diferencia está en que o muíño é movido polo rodicio, ou roda vertical contra a que vai caendo a auga que orixina todo o movemento, e a aceña está formada por unha roda horizontal, da que sube un eixe vertical que move todo o inxenio. Podemos ve-lo detalle do seu funcionamento no croques seguinte: 

    

Croquis de aceña

 
      Despois de moído o grao, selecciónase a calidade da moenda co cernedor, dende a fariña máis fina, ata o salvado.

Cernedor

    
    A continuación, cruzarémo-lo Río Navia pola estreita ponte e seguiremos por un traxecto chan, entre a frondosa e agradable compañía de piñeiros, encinas, castiñeiros ata a torre de Doncos, situada nun punto realmente estratéxico.
 Éste é o derradeiro punto da ruta.

    Para o intrépido camiñante, hai un camiño máis curto, pero máis incómodo, que parte do centro do pobo e baixa á estrada nacional pola antiga "penela" e, cruzándoa, continúa baixando ó lado da única e illada casa que queda extramuros da autoestrada. Éste é o antigo camiño de carros que se atopará ca ruta anterior uns metros antes do muíño.

    Para volver, temos dúas opcións. Podemos desandar o percorrido ou, pasando despois do castelo, baixar polo outro lado ata alcanzar outra vez o río e cruzalo pola outra ponte similar á do muíño. Continuaremos por unha subida suave que terminará levándonos novamente á estrada nacional, uns dous km. máis abaixo onde comezáramos o periplo.

    
Ferrería de Bois

    
       A ruta longa. Partiremos de Doncos dende o barrio de Pandelo, na parte alta, e seguiremos subindo pola "estrada vella", antigo camiño real, onde o seu trazado permanece claramente definido dende As Nogais ata Pedrafita, inda que non sexa así ca súa calzada, hoxe ocultada baixo unha capa de terra que as modernas máquinas estenderon coma si se tratara de calquera pista forestal; Polo menos está aí debaixo para quen, no futuro, queira recuperala. A subida é suave e moi agradable ata o barrio do Couso, no pobo de Castelo.

      Alí tomaremos un desvío a esquerda e, enseguida vadearemos un pequeno regato para encontrarnos en medio dun gran bosque de piñeiros. Preto xa, alcanzaremos o manancial de "augas rubias", chamado así pola cor que lle da un alto compoñente en ferro e das que asegúrase que son medicinais ou, canto menos, serven para abri-lo apetito.

      A partir de aquí, unha suave baixada, que a duras penas ábrese entre os acevos, levaranos á "Ferrería de Bois".
     Para a volta podemos ir polo monte "toxal", cruzando o arroio do Vao dende onde chegaremos directamente ata o barrio de Pandelo.

      

   

Edificio principal

Zona de cuadras

   

Vista xeral

Detalle da galería

   

Outros edificios

Detalle do río

   
       

      Subir