Reportaxes - Senderismo á Torre de Doncos

   
Senderismo á Torre de Doncos

      Atópase detallado no apartado Rutas cómo realizar unha excursión de sendeirismo entre o núcleo poboacional de Doncos e a Torre da Grupa. Trátase dun percorrido non moi longo nin complicado que se pode completar nunhas catro horas, realizando paradas e indo a paso normal. O único problema que nos atopamos é que Doncos atópase na ladeira da montaña, e a torre nun pequeno cerro no fondo do val do Río Navia. Esto fai que o percorrido de ida á Torre, sexa por onde sexa que vaiamos, é de continuo costa abaixo, e de volta costa arriba. Non deixa de ser unha pequena incomodidade, xa que baixando cárganse os xemelgos (Hai que ir freando o corpo) e subindo... non deixa de ser un pouco máis esgotador. Non obstante, sexa cal sexa a época escollida, desfrutaremos dun bello paisaxe en todo o percorrido. As fotografías do presente reportaxe foron realizadas durante o verán do 2006.

    
Comenzamos o camiño
      O camiño se pode iniciar en varios lugares, pero o caso e baixar desde a altura da Nacional VI ata o Muíño da ponte da Veiga, situado en pleno Río Navia ao fondo do val. Nós escollemos o camiño que se inicia ó lado da única casa que existe en Doncos neste lado da carreteira.

O primeiro treito
      Entre castiñeiros e pastos, imos descendendo por un camiño que por tramos é máis claro que en outros.

Unha pausa
     Non hai que estar pensando continuamente na posible existencia de silvas e ortigas, tamén podémonos asomar e mirar cara o val.

Péchase
     Hai veces que o noso compañeiro "o pao" deixa de servirnos de punto de apoio e convértese en desbrozadora improvisada. Se o vemos moi negro, sempre poderemos dar un salto e avanzar uns metros polos pastizales do lado, sempre que non se estén regando nese momento.

O muiño
    Abaixo de todo atopámonos o muíño da ponte da veiga, que aínda permanece en uso como se pode ver na web. A partir de aquí e ata a torre o camiño é máis doado.

 

Avanzando
     Efectivamente, para o acceso a todos os pastos da zona de veiga, os vehículos agrícolas usan o camiño que nós percorremos, o que nos garantida que sexa cando sexa que percorramos o camiño, o atopemos libre de maleza.

Outra pausa
    Un pequeno avance, un xiro do camiño sobre a ladeira que percorremos, e de repente se amosa ante nós a torre, obxectivo da nosa caminata.

Inmensa
     Claro, desde a nacional ou desde o pobo a torre parece miniatura, pero unha vez na súa base, comprendemos o impresionante que resulta, o ben construída que está, o grande que debía ser o castelo que a completaba.... e o estado de abandono no que se atopa, ca grave fenda que a percorre nun dos seus laterais de arriba a abaixo.

Retornamos
   Decidimos volver por outro camiño, sen desandar os nosos pasos, para obter novas perspectivas da torre. camiñamos un pouco máis entre bosques de rebolas, castiñeiros e outras árbores, e comezamos a subir de golpe de novo á Nacional, á curva coñecida como "O retorno".

Acabando
      Desde a Nacional VI, volvemos a ver a torre dun tamaño insignificante, en comparación co resto do paisaxe. Se comproban os camiños que andamos, e a volta que demos. Só nos queda volver a casa co coidado correspondente que se debe de ter ó camiñar na beira dunha carreteira, que aínda mantén un importante tráfico local.

 

             

Subir