Reportaxes - Festas do Santiago 2006

   
Festas do Santiago 2006

      

     Avanzado o mes de xullo, Doncos prepárase para as súas festas patronais, en honor do Santiago, Santo que tamén lle da parte do nome ao pobo: Santiago de Doncos. As festas do ano 2006 tiveron lugar entre o domingo 23 e o martes 25 de xullo, cun programa que reproducimos por partes a xeito de acompañamento ás fotografías que mostramos de seguido. Se alguén desexa que algunha das fotografías que tomou durante eses días saia nesta reportaxe, pódenolas mandar ó noso correo electrónico.
    
Primeiro día
    23 Domingo: No campo da festa, ó escurecer, queimada e música ambiente. Actuación en vivo e en directo de diversos gaiteiros, acordeonistas e músicos de todo tipo. Estará permitido cantar e bailar mentres dure a festa.

Segundo día
     24 Luns: Empezamos ás 6 da tarde con cucañas e diversos xogos para nenos, a cargo do equipo que os dirixiu con gran acerto o ano pasado, comandado por Elvira de Sacristán. Este ano tamén haberá saco de Xoguetes varios. O acabar, a orquestra Melodía amenizará a verbena. Este día tamén estará permitido cantar e bailar.
  
O Día Grande
     25 martes: Ás 13.30 misa a cargo do Sr. Cura da parroquia. A continuación sesión vermout a cargo da mellor banda do concello. Pola tarde a orquestra Almirantes iniciará a súa actuación, que se prolongará ata ven entrada a madrugada. Entre pase e pase da orquestra tamén están previstas sorpresas varias.

 

 

 

Procesión do Santiago, de San Antonio e da Virxe

  

Banda de música de As Nogais, que ademais da procesión, tamén acompañou o vermout.

 
Traca final
      A comisión interrumpiu o desenvolvemento da orquestra para anunciar varias cousas. Primeiro os agradecementos a todas as persoas, entidades e empresas colaboradoras, logo a presentación dos integrantes da comisión de festas do ano 2007, e finalmente...

... A entrega a Pepe de Espín dunha placa en homenaxe, porque gracias ás súas xestións puidose traer o novo parque infantil de segunda man que agora todos os pequenos desfrutan en As Diquintas, e ademais é unha das persoas que pelexa ano tras ano por manter a festa do Santiago en Doncos, aínda que non forme parte da comisión.
  

 

Acto de entrega da placa, coa presencia de gran parte da nova xuventude de Doncos.

 

Foguetes

 

             

Subir