Reportaxes - Paisaxes en Doncos

   
Paisaxes en Doncos

       Os paisaxes, os temas, as cores e as costumes son fonte de temas inagotables para os curiosos da fotografía. Non somos expertos nin profesionais, pero ademais das que mostramos pola web, nos rebuscamos o caixón das fotografías e recuperamos as que neste reportaxe aparecen.

    
Neboa caprichosa
    As veces a torre conta cun velo branco que a cubre en parte, coma protexéndoa do frío do inverno. Por iso cando o día avanza, e as temperaturas aumentan, ese velo desaparece, porque xa a torre é capaz de aguantar mellor por sí soa.

Na matanza
     Lonxe quedaron os tempos nos que os pelos dos cochos, na matanza, se eliminaban da súa pel con pallas ardendo. Os sopretes de gas butano deixaron atrás a estampa bucólica, e agora a efectividade do gas mostra na fotografía cómo se usa para arrancar os presuños das patas, mediante a súa calcinación.

Maio florido
    Aínda que esta foto tira máis hacia xuño, pero o lilo, completamente en flor, serve de entreteñemento, ademais de para a nosa vista, para a bolboreta negra e rubia que aparece á dereita.

E xullo tamén
    A cada planta lle corresponde unha época para botar flor. A época na que o castiñeiro florece é tirando a xullo, na que a árbore sáenlle uns chupiteles amarelos, as candelas, que trala fecundación, darán lugar ás castañas.

 

 

             

Subir