Reportaxes - Doncos de noite

   
Doncos de noite

       Doncos pola noite tamén existe. Cando todo o mundo se atopa descansando despois das duras xornadas de traballo, e só se moven polo pobo os xabarís, as raposas, os cans e os gatos, tamén existe paisaxe, aínda que sexa un pouco máis difícil de ver. Nada coma deixar que a cámara de fotos faga. Saen certamente un pouco psicodélicas, pero calquera que teña una cámara e un pouco de curiosidade, sabe cómo sacar estas cores partindo dunha noite totalmente escura.

    
Vista xeral
    O xeito de obtela é sinxela, pero resulta totalmente imprescindible contar cun trípode.

A igrexa
     Parece de día, pero o foco que aluma a fachada da igrexa delatanos. A lúa convirtiuse en sol, e o campo que a simple vista víamos totalmente negro, vólvese verde. Incluso os obxectos proxectan a súa propia sombra, imperceptible a simple vista.

Desde as alturas
    Se facemos un pouco de senderismo noturno e tomamos altura, aparece o pobo enteiro con todas as casas.

O reloxo
    A algúns non lles deixa durmir, pero a maioría acábase acostumando a que o reloxo cumpra a súa función, en nos informe da hora durante todo o día... e toda a noite.

Unha árbore
     Tamén podémonos achegar a unha árbore e aproveitar a luz que nos brinda unha simple farola. Eso si, cun pizco de néboa nocturna e un bó abrigo para protexernos do frío e a humidade.

             

Subir