A Igrexa

Hai alguns anos

   
     Edificio de tipo modernista, data de 1610, consagrada ó Apóstolo Santiago e construída polos descendentes do Conde de Ayala e Monterrey, señores de Doncos, cuxo pazo ou "Casa de Su Excelencia" existe aínda.

    A imaxe do auténtico patrón, o Señor Santiago, co que identifícanse os máis vellos, desapareceu un lonxevo día de finais dos anos 60, no que alguén a viu cargar nun camión con destino descoñecido. Pero ninguén atreveuse a preguntar. Á sazón, "gobernaba" a parroquia un autoritario sacerdote de infausto recordo, dominante e conivente co poder represivo da época; A súa sola palabra servía de acusación fehaciente ante as autoridades da época, desde as súas denuncias porque a xente traballaba en domingo ata outras de peores consecuencias. ¡Non houbo preguntas!

 

   Interior e altar maior

   
   

   

Omnipresente

Detalle interior

   

   

"Santiago y cierra España"

Detalle exterior

   

Devoción Mariana

Na actualidade

 
   O Reloxo
      A torre está coroada por unha estructura de ferro que alberga a campá de outro dos orgullos do pobo: O reloxo.

      En agradecemento ó pobo, a acaudalada viúva dun daqueles primeiros emigrantes do século XIX propúxolles aos veciños facerlles un agasallo, para o que lles deu a escoller entre una traída de augas ou un reloxo para a igrexa, e eles elixiron este último, co desexo de que as campadas das horas puidéranse oír o máis lonxe posible nunha época na que un reloxo de peto era un luxo moi exclusivo. Construído en Madrid segundo o sistema Canseco, reloxeiro real, é unha perfecta peza de precisión que desde 1904 repite cada hora, día e noite, para guiar ás xentes nas súas labores diarias e para cuxo manteñemento depende de sufridos mantedores que vanse turnando, pois hai que darlle corda tódolos días. Cando os xovenes preguntan por qué colocouse a esfera de espaldas ó pobo, é dificil facerlles comprender que o gran orgullo de ter o reloxo había que proclamalo ó resto do mundo, ensinalo ós que circulaban pola estrada.

      

   
    Descárgate pulsando aquí un vídeo do reloxo en pleno funcionamiento. 
    ( 4,3 Mb en arquivo ZIP)
   

Detalle da complexa maquinaria

   

        Subir