Historia

O auga é vida

  
Antiga

      Unha veiga tan ben situada e provista de tanta auga, necesariamente tivo que ser a base de asentamentos prehistóricos que deron lugar ás comunidades evolucionadas, algúns dos vestixios chegaron ata os nosos días. Atribúense os comezos históricos de Doncos aos primeiros asentamentos do pobo dos "Desoncos", grupo escindido da tribo dos Zoelas (Os celtas tan abundantes na rexión), e do que toma o seu nome. Da existencia dos Desoncos da fe o "Pacto dos Zoelas", pacto de hospitalidade entre as tribos subscrito hai máis de dous mil anos. Pero fora a súa situación estratéxica como terra de paso a que marcou a historia de Doncos. Por aquí pasou a romana vía XIX que unía Astúrica Augusta (Astorga) con Lucus Augusta (Lugo), onde enlazaba coa vía XX que chegaba ata Brácara Augusta (Braga), cun ramal ata Brigantium (A Coruña) e algúns historiadores sitúan na actual As Nogais a mansión romana Ponte Naviae, dende onde exerceron a súa influencia sobre toda a rexión da antiga Gallaecia.

Vía Romana ó seu paso por Doncos

   
 Media
      Con posterioridade, foi paso do Camiño Real de Castilla cuxa entrada a Galicia era defendida pola Torre de Doncos, ademais dos castelos de Doiras e Valcarce. Durante a Idade Media, Doncos obtén o rango de Vila e xurisdicción propia, integrada pola parroquia do seu mesmo nome. Ferreiros de Balboa, Nullán e Vilouta. O Adiantado Maior do Reino de Galicia, García Rodríguez de Valcarce, impuxo o seu señorío desde o Castelo de Doncos, no século XIV. A Torre pasou a mans do seu descendente, o Conde de Ayala, Señor de Doncos e a Condesa de Monterrei, no século XV. Do que fora a antiga fortaleza, situada sobre un montículo rodeado polo río Navia, en 1603, baixo a pertinencia de Fernando de Toledo, non quedaba máis que unha torre abandonada. A mesma torre que chegou ata os nosos días.
  
 Moderna
     Encomiable foi a valentía dos veciños de Doncos que ofreceron unha forte resistencia ás tropas napoleónicas que invadiron estas terras en 1809 baixo o mando do xeral francés François M. Fournier, gobernador dos franceses en Lugo. Acosados polos ingleses e, a medida que íanse batendo en retirada cara Astorga, as tropas francesas incendiaron boa parte dos seus casaríos e lugares, e provocaron grandes desperfetos na Igrexa Parroquial e na Torre do Castelo. Este comportamento sería a constante, deixando o seu paso poboacións devastadas como ocorreu nas posteriores batallas de Cacabelos e Bembibre, xa na provincia de León.

     A morte do rei de España, Fernando VII, en 1833, desata unha guerra civil entre os partidarios da súa filla Isabel (Os Liberáis) e os partidarios do seu irmán Carlos (Os Carlistas). Estes últimos conseguiron moi poucos apoios en Galicia e no 1835 os veciños de Doncos formaron unha partida de voluntarios para perseguilos.

     As eleccións municipais do 12 de abril de 1931 dan a victoria as candidaturas republicanas, forzan ao rei Alfonso XIII a renuncia e ao exilio e favorecen a proclamación da 2ª República Española, o que trae aires de renovación a Doncos, cuxos veciños deciden constituír a Xunta Republicana Local, baixo a bandeira tricolor: Vermella, marela e morada. E iso a pesar de que Lugo foi a única cidade galega e unha das 9 capitais de provincia onde as candidaturas monárquicas conseguiron a maioría absoluta.

     O 18 de Xullo de 1936 un grupo de militares, baixo o mando do Xeneral Emilio Mola en primeira instancia, e de Francisco Franco despois, levántanse en armas contra as autoridades republicanas, dando comezo á Guerra Civil. A Xunta Republicana de Doncos ponse as ordes das autoridades de gobernación en Lugo dando por acabada a aventura democrática dos veciños de Doncos. A queima de igrexas xeneralizouse por parte de militares de esquerda e o templo de Doncos estaba entre os seus obxectivos. Pero non puideron. Os veciños de Doncos permaneceron no interior da igrexa por turnos, día e noite, para defender o edificio e o seu párroco de calquera ataque. Finalizada a contenda as novas autoridades nacionais souberon recoñecer o xesto e liquidaron o pasado republicano de Doncos impoñendo multas de 500 e 200 pesetas aos dirixentes daquela Xunta Republicana.
 

   

¡Cantas ilusions truncadas!

Pulsa aquí para ampliar a foto superior.

     Croquis dos compoñentes da Xunta.
     Detalle nominal dos compoñentes.
    Nota: Se vostede usa Explorer 6, a imaxe probablemente farase máis pequena ata coincidir co tamaño da pantalla. Nese caso, preme o botón de expandir a foto, para vela o seu tamaño natural.
    
A actualidade
      Doncos é na actualidade unha feligresía ou parroquia pertencente ao arciprestazgo de Ferreiros de Valboa e está delimitada polos termos de As Nogais polo Norte e de quen depende administrativamente; Noceda e Nullán polo Sur; Vilaspasantes (Cervantes) polo Este; E Nullán e Quintá polo Oeste. Os seus habitantes están agrupados nas entidades de Doncos, Espariz, Fontes, Robledo, Sebrás e Vilarín. A 5 Km. da capital municipal, regado polo río Navia e o seu afluente Ferreria. O Monte Xirondo e o Coto de Doncos, con 845 y 885 m. de altura conforman os puntos máis altos da súa orografía.
   
Os pobos da Parroquia

    

Espariz

Robledo

Sebrás

Villarin

As Fontes

   

      Tras milenios dunha economía autárquica baseada na agricultura centrada en cubrir as necesidades do autoconsumo, e de utilizar o ganado como fonte de enerxía para realizar as tarefas do agro, chegouse a unha situación, moi xeneralizada noutras rexións, na que o acceso a la máis moderna maquinaria no impide a desaparición dun sistema de vida que vai deixando paso a unha economía fortemente subvencionada.

 

     A pesar do pertinaz abandono institucional, as xentes de Doncos foron capaces, coa súa soa loita, de subirse ó incipiente carro do desenvolvemento do século XX, conseguindo co seu só esforzo, traer a luz eléctrica, construír unha escola, construír un lavadoiro, traer o teléfono e, por dúas veces, levar o auga a cada casa habitada, aportando cada un o seu propio traballo e diñeiro, valorando todo en xornais, nun exemplo de convivencia e solidariedade exemplares.

 

      

     Subir