Gastronomía

      Ben é certo que a falta dunha dieta variada, que aportara os elementos vitamínicos e proteínicos básicos para o organismo, provocou no pasado, a existencia de enfermidades endémicas, moi coñecidas e que non é cosa de detallar, xa que afortunadamente están na práctica erradicadas.

     A dieta, baseada case exclusivamente no cocho ("Do que aprovéitase todo") a través dos séculos, amplíase hoxe cunha das carnes de terneira más saborosas do mundo, unha horta onde as patacas de secano son as únicas capaces de converterse en auténticos cachelos e o resto das verduras aportan o complemento necesario. O embutido é autenticamente caseiro. As troitas proceden dunhas augas que, un pouco máis abaixo, fanse salmoiras. Os suaves queixos de leite de vaca, a rica mel e unha boa variedade de froitos, no seu tempo, completan o que hoxe pódese considerar coma unha das gastronomías máis ricas de España. Sirvan de exemplo algúns pratos:

   

A Matanza

     Ben curado, ó fume y ó frío do inverno, o embutido formará parte da base alimenticia ata a próxima matanza.
    

   

Lacón con grelos
      A ben curada pata dianteira do cocho, ben cocida, acompañada de brotes ternos de nabizas. Unha combinación perfecta. A fonte, ademais está sempre chea doutros exquisitos manxares, a cachola, ou metade da xeta, da que hai que probar pequenos bocados de morro e orella.
   

   
O botelo
      Na próxima rexión do Bierzo souberon levarse o gato ó auga regulando, a través do seu Consello de Denominación de Orixe, un producto que o mesmo poido nacer en calquera das dúas vertentes das montañas que nos separan. Non imos polemizar, para eles a gloria do nome, e nos quedarémonos cun mellor sabor e desfrute, que a materia prima non ten punto de comparación. ¡Xa quixeran eles criar os cochos a base de castañas! ¿E as patacas? Xa queda dito enriba. ¿E que verduras teñen no Bierzo para acompañalo? ¡Repolo e pouco máis!
   

    
O caldo galego
      Con unto. E alubias pintas. E, outra vez esas patacas únicas. E verzas. ¡Único no mundo! Sempre díxose co facía o auga e pode que sexa certo, pero ademais hai un xeito especial de facelo, con calma e "con xeito", que é coma hai que facer ben as cousas.
   

   

   
Freixos e Filloas
      Cunha mesma base de fariña batida con ovo e leite, elas enriquecidas ca sangre da matanza do cocho. Admiten de todo, mel, marmelada, nata, chocolate, doce, salado, amargo e sobre todo, sen nada.
   

   
As castañas
      Substitutas do pan en tempos duros, sempre formaron parte da dieta da rexión. Cocidas ou asadas, con leite ou, máis modernamente, convertidas en almibar ou "marrón glacé". A celebración, cada outono, dos diversos magostos, dan ás castañas un protagonismo especial sobre os demais froitos do resto do ano.
   
A Queimada
      Para terminar calquera comida copiosa, nada mellor cunha boa queimada. O oruxo hai que traelo de fora, pero o arte para facer unha boa queimada é algo innato destas xentes. E, como a cada cal sáelle mellor que o veciño, só vou falar dun ingrediente, eso si, o fundamental:
   

   
O Conxuro:
    

      Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

      Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas.

      Corvos, pintigas e meigas, feitizos das manciñeiras.

      Pobres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.

      Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.

       Oubeo do can, pregón da morte; fouciño do sátiro e pe do coello.

      Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.

      Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cús, muxido da mar embravecida.

      Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porta da cabra mal parida.

      Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das suas escobas, indose bañar na praia das areas gordas.

      ¡Oíde, oíde! Os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente quedando así purificadas.

      E cando este brebaxe baixe po las nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.

      Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora, participen con nos desta queimada.

    
    

        Subir