Cantos e bailes

      Bailes non moitos, a verdade; pouco máis que unha muiñeira o algunha "jota" nas festas. Pero cantos, todo o día. Polas terras oíanse ós homes e mulleres animando os duros traballos. Arando, segando e ata había fuelle para cantar ca gadaña ou ca azada na man e... a coro. Desde esa Rianxeira que, aínda que pareza mentira, non ten máis aló de 50 anos, ata as máis pícaras das cancións vernáculas. "Árdeche o eixe", seguido de potentes alalás guturais e, ó lonxe, o canto dos carros cargados ca herba seca, ou cereal ou calquera outra cosecha contribuían ca súa cadencia a crear un ambiente bucólico, amable e alegre. Non é de estrañar que de aquí partira Teresa, voz solista e musa dunha das formacións musicais máis emblemáticas de Galicia: "Fuxan os ventos".

    "Este inverno non pasaremos necesidade. A cosecha foi boa". Despois de mallar, o gran xa está na paneira e hai paxa dabondo para enxugar o cubil do ganado, prende-lo lume e alumarnos a base de fachas cando volvamos do fiandón durante ese longo inverno que avecíñase. Hai que festexalo. Á malla viñeron axudar os familiares, veciños e amigos máis lonxevos. Imos festexalo cun gran festín e logo beberemos e cantaremos. Haberá un momento no que alguén soltará unha loia, esa especie de "cuarteta", as veces de imposible rima, pero coa intención de facer alusións persoais co fin de pinchar a outro comensal. Este contestará ou non, pero xa se abriron as hostilidades e a noite barrúntase longa e alegre.

    
    
    

          Subir