Feiras e festas

   
Feira

      A feira de Doncos celébrase o segundo domingo de mes. Nos anos 30 eran as máis notables da montaña luguesa, pero o certo e que foi minguando ata converterse nunha case simbólica feira de porcino e que, finalmente, nos anos sesenta, desapareceu por completo.
       No obstante, esta reseña débese tomar coma un manifesto en favor de recuperar tradicións perdidas. Está claro que é imposible celebrar unha feira ó mes, pero estou seguro de que, a máis de un, gustaríalle recuperar aínda que só fora unha ó ano.

    
San Antonio
      O 17 de xaneiro celébrase unha das festas máis queridas das xentes de Doncos. O inverno non axuda a bailes e outros festellos, pero a devoción da xente por San Antonio é algo que nace no más profundo das súas crenzas e dos seus corazóns. Ese día lévanse cachorros para bendicilos na igrexa e rézase para que non lles pase ningunha desgracia ós animais domésticos. ¡Cantas veces se ha rezado a coñecedísima oración de San Antonio para que aparecera a res perdida no monte!
  
O Santiago
     O 25 de Xullo e o día da Patria Galega, o día do Santo Patrón de Doncos, e... ¡¡As festas do pobo!!
     Dende Ponferrada ata Lugo e dende Fonsagrada ata Sarria, moitísima xente fora algunha vez a festa do Santiago de Doncos. Aparte da fermosísima festa relixiosa, presidida pola procesión do Apóstolo e a Virxe baixo o enxordecedor ruído das bombas que proclaman a alegría da xente, as magníficas orquestras, os propios foguetes e as demais actividades lúdicas como os partidos entre solteiros e casados, o tiro, etc. concitaron ás xentes de preto e de lonxe, para compartir un ambiente de sana diversión. Todo elo organizado polos mozos do pobo (Os ramistas), que a base de recadar as axudas dos veciños e administrándoo coma expertos ecónomos, foron capaces de manter, ano tras ano, o listón ben alto.

     Isto ocorre o día grande, o Santiago, as casas énchense de familiares e amigos que viñeron, as veces, de lugares do máis apartado, e compártense os múltiples e variados manxares nunha comida pantagruélica que parece non ter fin. Despois unha sesta lixeira e, finalmente, ó baile ata altas horas da madrugada, o máis.

      Aínda así, a festa máis querida para os seus habitantes e o día seguinte, de San Joaquín e de Santa Ana, pero que aquí convértese no "Santiaguín". Nun ambiente máis intimista, dáse paso a unha música autóctona e incluso as mulleres da casa, liberadas algo do gobio do día anterior, participan deste festello menor, máis sereno, e a vez, máis propio.

   

Procesión do día de Santiago, na que se sacan O Santiago, o San Antonio e a Virxe.

 Foguetes que non falten

 

        Subir