Ecosistema

  
Flora
  
      A riqueza da flora autóctona é tan ámplia e variada que necesitaríase todo un tratado específico imposible de incluír nun espacio tan pequeno coma este. Sen embargo, hai que facer mención especial a determinados árbores e arbustos que conforman o paisaxe, o clima e a beleza destes montes. Durante séculos déronlle ós seus habitantes de madeira, leña, froitos, sombra e templanza na dura climatoloxía da rexión.
    

   O castiñeiro, o rei

A nogueira, elegante e recia

A figueira, orgullo familiar

   

      Abundan, ademais, rebolas, fresnos, olmos, arces, abeleiras, acevos, encinas, sabugos, espinos, cipreses, loureiros e unha variada representación de frutais encabezada por pomares y pereiras, amén de cereixais, guindais, ciroleiras, pexegueiros e marmeleiros, a maioría de froitos silvestres moi saborosos.  

Guindas, moi ricas en oruxo, e mellor en güisqui

 

      Pero onde a relación é realmente interminable é nos montes e prados dos arredores. O matorral máis significativo, o toxo (ulex europaeus) fundamental para mullir a cama do ganado e que, coma si dun círculo vital tratárase, volvía á terra en forma de abono. Xunto co toxo, a xesta (Cytisus Scoparius), cumprindo a mesma misión e, ademais, para servir de teito ou iniciar o lume.

   

Toxo Xesta
     

      E outras variedades desta familia que enraízan sobre a capa superior do terreo compactándoa e enriquecéndoa para permitir máis tarde o seu cultivo: retama, piorno, boj, urz, etc.

 

      En canto ás plantas antano usadas nos fogares, pode que aquí encóntrense tódalas máis importantes. Sen o ourego non habería mondongo para o embutido, aquí chamado zorza. O romeiro e o tomillo aderezan os guiso. Existen todo tipo de herbas medicinais cuxo uso, esotérico saber dos antigos herboleiros o menciñeiros, axudou a soportar doenzas tanto humanas como dos propios animais domésticos. Cunha variedade de menta que aquí chaman meldracho mitígase o escozor da ortiga, iso sábeo calquera neno.

 

      Margaritas, ampolas e lirios tiñen de cor os campos. Nin a mellor técnica fotográfica é capaz de reflexar a explosión do monte en primavera o nun outono repleto de tonos imposibles, cuxa visión é un regalo incrible para o espírito.

   
 Fauna
    O gando vacino, de raza rubia galega e cuxas características están debidamente reguladas, válido tanto para o traballo como para a producción de carne, e incluso, provedor de leite, fora o pilar fundamental da supervivencia. Hoxe en día, debido as crecentes dificultades administrativas e de mercado, precisa de instalacións grandes e ben dotadas para poder lograr un mínimo de rentabilidade, polo que ha desaparecido a tradicional imaxe do pastor con media ducia de cabezas, o incluso menos, camiño do monte. En ocasións, o antigo vaqueiro converteuse nun moderno ovelleiro, de coidado e cría máis levadeiros. O que practicamente desapareceu na zoa son as cabalerías, dende o cabalo ata os entrañables e sufridos asnos. Séguense criando, no obstante, con toda puxanza, ranchos e galiñas, orixe de ingredientes tan fundamentais coma os diversos embutidos e ovos e polos de corral.
   

A mellor raza Destes quedan poucos...
   
  O alimento
   

   

     
 Estacions
   

O inverno e cru

O outono, cheo de matices

   

   Sempre castiñeiros

   
 Fontes
   
      O auga e vida...e a base da riqueza propia das veigas de Doncos. Por iso, ó marxe de multitude de mananciais repartidos por todo o área, hai que destacar as seguintes:
      

      Os Cregos: O auga máis saborosa e dixestiva. Á mesma temperatura durante todo o ano, mana ca frescura xusta para sentar ben sempre.
   
    

      Fumayor: Unha serie de mananciais recollidos nun surtidor común que durante séculos proveu de auga as casas da zona sur e, onde merced á determinación e o esforzo dos veciños e o marxe da administración pública, axea sempre a calquera necesidade destes pobos, construíuse un lavadoiro comunitario que, durante anos facilitou sequera un pouco, a colada das mulleres dos barrios cercanos.
   

    

El lavadero

   Última Hora: Esta foto ten o valor dun documento histórico en toda a súa magnitude. No outono de 2004 desplomóuse sobre o edificio o fermoso e enorme olmo que dáballe sombra, destrozándoo completamente, con tanto estrépito como a nosa alma se nos caeu ós pes, ó velo.

  

      Lamas: O alxibe dos barrios máis altos.
    
     

      As travesas: Na vertente norte do pobo, no medio do pulmón da zona.
  
   

   

      Val dos corgos: Máis lonxe todavía e cun pequeno lavadeiro para facilitar esas labores as zonas altas do pobo. 
     
    

      Subir