Onde

      Doncos é un pobo da provincia de Lugo, situada ó sur da Serra dos Ancares, preto do Porto de Pedrafita do Cebreiro, porta de entrada en Galicia dende a Meseta Norte de España.
         

    
Como chegar?
     No Km. 438 da moderna autoestrada A6  Madrid - A Coruña, por un desvío magnificamente sinalado, sairemos á anterior N-VI e, despois de percorrer 2 Km. en dirección Oeste, un pequeno cartel guiaranos, por baixo da autoestrada, cara ó núcleo urbán, ó que chegaremos despois de percorrer uns 300 metros do moderno acceso. Atoparémonos coa Cerca de pedra que rodea o edificio máis importante, o Pazo e a súa ben coidada finca, e, bordeándoa pola súa parte norte, xa poderemos seguir por calquera dos numerosos camiños de carro, hoxe practicamente asfaltados ata a maioría das casas habitadas.      
    

Mapa de la zona

    

      A súa extensión e o feito de ser un núcleo tradicionalmente ben poboado, xunto coa súa vocación cosmopolita nacida do contacto cunha das vías de comunicación máis importantes da Península ó longo da historia, fixeron deste pobo un dos lugares de referencia na zona. Incluso, o nome de Doncos chegou ás paraxes máis remotas, levándoo da man e no corazón de tódolos seus emigrados, e na memoria histórica dos seus fillos por todo o mundo.

    

    

     Subir