O Castelo

   
    A duras penas érguese maxestoso nun cerro rodeado polo río Navia, que sérvelle de foso, este testemuño directo dos tempos nos que os homes e mulleres loitaban por defende-las súas ideas e crenzas máis que pola propia vida.

    Aínda que os seus orixes son descoñecidos, o Adiantado Maior do Reino de Galicia, García Rodríguez de Valcarce, impuxo o seu señorío dende o Castelo de Doncos, no século XIV, pasando a mans dos seus descendentes ata que, ó final, no 1603 non quedaba máis que unha torre abandonada, a mesma torre de forma cadrada que chegou ós nosos tempos.

      Do que fora a primeira fortaleza só queda a esvelta torre construída a base de mampostería de caliza e pedras de granito nos ventanos e algúas saeteiras. De forma cadrada, mide 8 metros de lado e uns 24 de alto, cun espesor nos seus muros duns 1,80,. A porta de entrada, de 1,10 m. de ancho por 2,25 m. de alto, ábrese nun arco circular, que xa perdeu o seu primitivo dintel de granito.

    A mediados do pasado século conservaba practicamente todo lo seu almenaxe, pero os repetidos movementos sísmicos dos anos noventa, e o permanente abandono institucional, levaron á torre a unha situación lamentable de tal maneira que, se non se pon remedio, acabará derrubándose.

   

Cara Sur, a máis deteriorada, cunha enorme e perigosa greta central
  

O poniente
  

Cara norte, onde atópase a entrada
  

O naciente. A parte mellor conservada
  

Detalle interior
  

Detalle da entrada
  

Detalle da greta desde o interior. O arco superior caéuse cos terremotos. 
  

O actualmente desaparecido arco superior.
   

Magnífica vista desde o poniente.
  

Unha última vista desde a estrada.
     

       Subir