O camiño de Santiago

     Ó marxe do Camiño francés recuperado moi recentemente gracias ó esforzo e a entrega, entre outros, do tan querido Padre Valiña do Cebreiro, o certo e que hai tantos camiños coma peregrinos.

      Básicamente existen os seguintes camiños a Santiago de Compostela: O camiño Francés, o máis coñecido; o que percorre a Ruta da Prata, o que procede de Portugal dende Bragança, o camiño inglés, para aqueles que chegaban por barco, e o do Norte, que chegaba a Lugo desde Vegadeo e, dende logo, o que si existen son una innumerable variedade de desvíos e atallos.

     Unha das alternativas que foi definindo a tradición máis moderna supón empregar a vía que ó entrar en Galicia, e atravesar o Río Valcarce, sigue ata Lugo, e polo tanto atravesa os núcleos poboacionais de Doncos, As Nogais, Becerreá, Vilaceleiro e Bóveda.

      En Lugo uníanse nos orixes desta vía os romeiros procedentes de Oviedo, e saíase cara a Compostela por unha vía moi similar ó trazado da estrada actual, enlazando co camiño francés que viña de Portomarín.
  

Santiago Apóstolo no Retablo da Igrexa

    

      Subir