Feira dos oficios 2008
En 2008, con poucos medios, pero con moita ilusión, Pepe de Espín propúxose recuperar o que fora a "Feira de Ano", que se celebrou en setembro. Contou coa participación dalgúns artesáns da zona e coa inestimable colaboración dos mellores músicos da rexión e unha pequena representación do grupo Tundal que, a partir de entón, sería imprescindible.
Temos pouco material gráfico daquela primeira vez, pero é moi significativo a participación entusiasta da xente, que medraría nos anos seguintes.
0 comentarios
Envía un comentario: